Dámosche a benvida

Desde Augas de Galicia dámosche a benvida a este novo portal de participación. Con el, pretendemos facilitar o acceso telemático a aqueles procesos de participación pública de maior interese que promove a Administración Hidráulica de Galicia.

Tradicionalmente a administración e xestión dos recursos hídricos, foi unha das políticas nas que maior participación pública promoveuse no noso país. Coa entrada en vigor da Directiva Marco da auga, está forma de traballar, transcendeu as fronteiras nacionais converténdose en parte esencial do modelo común de xestión hidrolóxica de toda Europa. É por iso que, con esta ferramenta a Augas de Galicia quere abrir unha nova canle de comunicación dando un novo paso no fomento desta participación cidadá.

Desta forma, segundo váianse desenvolvendo, pola Administración Hidráulica de Galicia, os distintos instrumentos de planificación e gobernanza en materia de auga, iranse abrindo proceso paralelos participativos nos que a cidadanía poderá tomar parte.

Esperamos que esta nova aplicación sexa de utilidade para lograr unha administración cada vez máis transparente e participativa.